A Casa
Unha casa e un proxecto que aposta polo ecoturismo, a vida lenta, a recuperación de mobles, o amor e o coidado da natureza. Se queres aloxarte aquí, podes botar un ollo.
Casa María
Este apartamento sitúase no primeiro andar da casa, ten unha capacidade máxima de 6 persoas e conta cun amplo salón, cociña, baño e tres habitacións dobres, dúas con cama de matrimonio e unha con dúas camas de 90.

Neste apartamento apostamos por recuperar moito do mobiliario e obxectos que tiña a casa, tratando de darlles unha nova vida e procurando non alimentar o consumo desenfreado dos tempos que vivimos. Poderíamos ir a Ikea e mercar de todo, pero nada mellor que facer un café nunha cafetera Magefesa, durmir nunha cama feita a man por un carpinteiro, ou comer nas vaixelas setenteras que se sacaban na comida do patrón. Aquí antigo non quere dicir vello, porque todo ten unha historia e pode todavía contar moitas máis, e iso é o que fai desta casa un lugar tan especial. Aquí o vintage é a nosa forma de entender o mundo.
O Xardín
Casa María conta cun xardín e horta enormes, no que se poden atopar diversas variedades autóctonas de árbores froiteiras coma maceiras, vides ou moreiras, ademáis de plantas aromáticas coma a lavanda, menta, romeu ou tomiño, entre outras.
Se reservas calquera dos nosos apartamentos, compartirás coas outras persoas aloxadas na casa o xardín. Pero non vos preocupedes, porque temos tantos espazos exteriores, que non tedes nin que cruzarvos.
No verán e outono os nosos convidados poden gozar da nosa froita ecolóxica e pasear pola nosa finca, tomar o sol, escoitar ás nosas veciñas as ovellas ou unha gran variedade de paxaros aos que lles encanta vir a Casa María.












